Arquivos do autor: CEIP DE CELEIRO

Colección de árbores de 2º curso

Dentro do Proxecto “Ao abeiro dos nosos montes”, o alumnado de 2º curso está a facer unha colección, en formato mural e vídeo, das árbores dos nosos montes. Xa teñen dúas árbores: O Carballo e O Loureiro.

Publicado en As nosas árbores | Deixa un comentario

As pereiras do noso colexio

As pereiras do noso colexio xa están en flor pois temos un clima primaveral que favoreceu que brotaran as primeiras flores. Denomínase pera ao froito de distintas especies do xénero Pyrus, integrado por árbores caducifolios coñecidos comunmente como perais ou … Sigue lendo

Publicado en As nosas árbores | Deixa un comentario

Celebramos o Día da Árbore e da Auga

Día Internacional dos Bosques  Día Mundial da Poesía Hoxe foi un día moi especial!   Despois do recreo xuntámonos todos os cursos para celebrar o Día da Árbore, Auga e Poesía. Durante a semana estivemos preparando esta celebración con diferentes … Sigue lendo

Publicado en Actividades Especiais, As nosas árbores, Hoxe celebramos | Deixa un comentario

POESÍA MUSICADA E ILUSTRADA

O xoves, 21 de marzo, celebraremos o Día da Poesía, da Árbore e da Auga, por iso nas aulas xa se están realizando moitas actividades. Agora presentamos un vídeo que recolle dous poemas musicados: “Verdes, Verdes” con debuxos feitos polo … Sigue lendo

Publicado en As nosas árbores, Hoxe celebramos | Deixa un comentario

Datas importantes no mes de marzo

Publicado en Hoxe celebramos | Deixa un comentario

Un Entroido “Ao abeiro dos nosos montes”

O venres, 1 de marzo, celebramos a nosa tradicional festa de Entroido coa temática do Proxecto Voz Natura “Ao abeiro dos nosos montes”. Desfile polas rúas do Chao  con disfraces relacionados co mundo dos bosques e montes: flora e fauna … Sigue lendo

Publicado en Hoxe celebramos | Deixa un comentario

Recollida de tapas e tapóns

Na mañá de hoxe viñeron da Deputación de Lugo a recoller as tapas e tapóns que fomos xuntando neste trimestre. O alumnado de 6º curso axudou a Lorenzo e ao condutor a meter todo na furgoneta.

Publicado en Actividades Especiais, Reciclamos | Deixa un comentario

Para festexar a Rosalía de Castro

Esta semana no colexio estivemos a celebrar o DÍA DE ROSALÍA e dende o blog de Voz Natura do noso colexio imos recordar un poema de Rosalía que musicamos cando traballamos o proxecto RÍOS, trátase do poema “Pasa río, pasa … Sigue lendo

Publicado en Actividades Especiais, Hoxe celebramos | Deixa un comentario

Nacemento de Charles Darwin

Tal día como hoxe, no ano 1809, nacía Charles Robert Darwin en Shrewsbury, localidade inglesa situada a 240 Quilómetros de Londres. Nesta páxina atoparemos máis información sobre a súa vida. Clica na imaxe.

Publicado en Hoxe celebramos | Deixa un comentario

Aberto o prazo de inscrición para o curso 19-20

Aberto o prazo de inscrición para o curso 19-20 Ata o próximo 15 de marzo está aberto o prazo de inscrición no próximo curso de Voz Natura. Os centros educativos e asociacións interesados en participar deben presentar antes desa data … Sigue lendo

Publicado en Actividades Voz Natura | Deixa un comentario