Preparando o horto escolar

Comezamos un novo curso! e agora toca preparar o Horto Escolar porque estivo moito tempo sen atención e os coidados necesario motivado pola pandemia do COVID-19.

As nenas e nenos de 5º de Infantil, xunto coa súa titora Cristina, estiveron quitando as malas herbas e removendo a terra para despois sembrar nabos.

Máis adiante pasarán os demais cursos do colexio para sembrar e plantar outras especies.

Esperamos ter unha boa colleita!

Esta entrada foi publicada en Horto escolar. Garda a ligazón permanente.