5 de xuño: Día Mundial do Medio Ambiente

PÁXINA DO COLE SOBRE O MEDIO AMBIENTE

https://sites.google.com/site/educacionparaomedioambiente/Hoxe é o día en que se recoñece ao medio ambiente, que grazas a este podemos gozar do que nos brinda. Nesta celebración fanse campañas de limpeza en praias, bosques, estradas; trátase de facer unha conciencia para coidar a nosa contorna, xa que a algunhas persoas non lles interesa no mais mínimo.

O Día Mundial do Medio Ambiente foi establecido pola Organización das Nacións Unidas (ONU).​ Celébrase desde 1974 o 5 de xuño de cada ano.

Ao igual que o ano pasado a OPP 77 PUERTO DE CELEIRO, S.A., en colaboración co noso coloxio, organiza unha serie de actividades dirixidas ao alumnado de 5º e 6º curso:

NOTICIA NO XORNAL “EL PROGRESO”

  • Taller educativo do medio ambiente mariño

Desenvolvemento da actividade

11:30 horas: Conectamos coa plataforma
Presenta a actividade Jesús Lourido en representación de PUERTO DE CELEIRO,
Saúdo da Directora do CEIP de Celeiro, Rita Lamas
11:45 horas:  Ofrece a súa conferencia Zeltia López
12:05 horas: Resposta as preguntas do alumnado
12:15 horas: Inicio da conferencia de Isabel Riveiro, Montserrat Pérez e Maria Carmen Sainza
12:50 horas: Respostan as preguntas do alumnado
13:00 horas: Remata a videoconferencia
  • CONCURSO ESCOLAR MEDIO AMBIENTE MARIÑO (Edición 2020)
    • LER BEN AS BASES 
    • Requisitos e mecánica de participación.
      A participación no concurso é gratuíta, voluntaria e require do cumprimento dos seguintes
      requisitos:
      ✓ Acceder a videoconferencia do 5 de xuño
      ✓ Inscribirse co profesorado de cada aula
      ✓ Aceptar as bases do concurso
      ✓ Entregar en prazo o traballo co que se pretende participar
    • O alumnado que desexe participar deberá presentar un traballo con mensaxes de coidado do medio mariño e da pesca sostible, en técnica e formatos libres.
Esta entrada foi publicada en Hoxe celebramos, Medio ambiente, Sin categoría. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará