O alumnado de Infantil presenta o seu traballo sobre o Proxecto. “Ao abeiro dos nosos montes”

Os nenos e nenas de Infantil fixeron este mural como peche do traballo sobre o proxecto que traballaron ao longo deste curso “Ao abeiro dos nosos montes”.
Nas aulas estudaron distintos aspectos das plantas e árbores:
  •  como seres vivos
  •  as súas partes e as funcións que desempeñan
  • o seu ciclo vital…
Tamén investigaron sobre como coidar os bosques, xa que descubriron a importancia que teñen as árbores para a nosa vida.
Trataron de representar esta información de xeito diferente con desplegables, rodas, libriños…
Cada aula elixiu unha árbore das que medran ao redor do colexio para estudala máis polo miúdo.
Na aula de 3 anos traballaron o acivro, a aula de 4 anos investigou sobre a moreira e na aula de 6 anos elixiron a pereira, o castiñeiro, o carballo e o piñeiro.
Quedou un mural moi completo e para explicalo realizaron este vídeo. 
Esperamos que vos guste!!!

Esta entrada foi publicada en Arredor dos nosos montes. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *