Experiencias do alumnado de 1º e 2º curso

 

O alumnado de 1º e 2º curso de Primaria visitaron o pasado luns, 1 de abril, a Mina Sonia situada no Barqueiro, concello de Mañón e Provincia de A Coruña.

Foi unha experiencia moi positiva pois aprenderon moitas cousas sorprendentes para eles.

No seguinte vídeo van facendo un resumo de todo o que alí viron.

Seguindo coas actividades programadas dentro do proxecto “Ao abeiro dos nosos montes”, na mañá do mércores, 10 de abril, tiveron a posibilidade de escoitar a Marcos Besada que lles aportou moita información sobre a Flora e Fauna e dos diversos ecosistemas dos montes galegos e especialmente dos de Viveiro.

Tamén lles deu información sobre como observar os rastrexos da fauna salvaxe dos nosos montes.

Ensinoulles unha páxina con moita información sobre a Fauna e Flora de Galicia

Esta entrada foi publicada en Actividades Especiais, Arredor dos nosos montes. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *