CLASES INFORMATIVAS

Traballando no proxecto “Ao abeiro dos nosos montes”

Esta semana recibimos a visita de Roberto Cabo, Marcos Besada e Carlos Méndez, para falarnos de temas relacionados co proxecto “Ao abeiro dos nosos montes”.

A charla de Roberto Cabo (Enxeñeiro de Montes) para o alumnado de 5º e 6º curso estivo relacionada cos diferentes tipos de montes, a xestión económica… e a interpretación de planos como paso previo para á realización dunha maqueta que temos previsto realizar como proxecto final.

Marcos Besada (Enxeñeiro Agrícola) estivo co alumnado de Infantil e a súa charla estivo relacionada coas árbores.

Foi unha clase moi participativa pois a través de preguntas o alumnado ía dando a información aprendida nas diferentes aulas.

Descubriron que saben o nome de moitas árbores, as súas diferentes partes, aprenderon a elaborar unha ficha para ir catalogando as mesmas e ata descubriron como se pode medir unha árbore cun pequeno lapis.

A clase rematou facendo unha visita ás diferentes árbores do colexio…
Marcos ensinounos unha páxina ARBOLAPP onde podemos aprender moitas máis cousas sobre as árbores.

Carlos Méndez (Presidente da Comunidade de Montes San Roque) estivo co alumnado de 3º e 4º curso e faloulles da xestión desta comunidade de montes, da súa historia, da extensións dos terreos que a conforman, da xestión económica, da nova zona recreativa e das diversas especies que hai nestes montes.

 

 

Esta entrada foi publicada en Arredor dos nosos montes. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *