Celebramos o Día da Árbore e da Auga

Hoxe foi un día moi especial!   Despois do recreo xuntámonos todos os cursos para celebrar o Día da Árbore, Auga e Poesía.

Durante a semana estivemos preparando esta celebración con diferentes actividades:

  • Aprendimos a canción Árbores da fraga
  • Escollimos unha árbore do noso colexio para apadriñala
  • Aprendimos un poema para recitalo no apadriñamento
  • Realizamos murais e debuxos

Na celebración fixemos:

  • Os nenos e nenas de 6º curso plantaron un ameneiro mentres os demáis cursos cantamos a canción “Árbores da fraga”
  • Apadriñamos a árbore que cada curso escolleu e lles recitamos os poemas
  • Rematamos a xornada facendo limpeza dos diferentes espazos exteriores do noso colexio: as plantas do parque infantil, o horto, a charca, o xardín zen e os patios interiores.
  • Despois de todo o inverno había moito que limpar e agora na primavera poderemos disfrutar dun entorno limpo e coidado.

No seguinte vídeo podemos ver un pequeno resumo da celebración.

Esta entrada foi publicada en Actividades Especiais, As nosas árbores, Hoxe celebramos. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *