Arquivos mensuais: Febreiro 2019
Recollida de tapas e tapóns
Na mañá de hoxe viñeron da Deputación de Lugo a recoller as tapas e tapóns que fomos xuntando neste trimestre. O alumnado de 6º curso axudou a Lorenzo e ao condutor a meter todo na furgoneta.
Para festexar a Rosalía de Castro
Esta semana no colexio estivemos a celebrar o DÍA DE ROSALÍA e dende o blog de Voz Natura do noso colexio imos recordar un poema de Rosalía que musicamos cando traballamos o proxecto RÍOS, trátase do poema “Pasa río, pasa … Sigue lendo
Nacemento de Charles Darwin
Tal día como hoxe, no ano 1809, nacía Charles Robert Darwin en Shrewsbury, localidade inglesa situada a 240 Quilómetros de Londres. Nesta páxina atoparemos máis información sobre a súa vida. Clica na imaxe.
Aberto o prazo de inscrición para o curso 19-20
Aberto o prazo de inscrición para o curso 19-20 Ata o próximo 15 de marzo está aberto o prazo de inscrición no próximo curso de Voz Natura. Os centros educativos e asociacións interesados en participar deben presentar antes desa data … Sigue lendo