É tempo de podar ás nosas árbores

Estes días os operarios do Concello de Viveiro andan a podar as nosas árbores pois é moi necesaria para un bo mantemento das mesmas.

Que é poda?

A poda consiste, esencialmente, en eliminar unha parte dunha árbore, un arbusto ou unha planta florífera co obxecto de axudar á natureza no sentido e na dirección que resulten útiles ao home.

Consiste no conxunto de operacións que se realizan directamente sobre o esqueleto ou sobre a copa das plantas co fin de:

  • Modificar e/ou controlar o tamaño, limitar o crecemento da planta
  • Formar a planta e regular a cantidade de flores e froitos
  • Mellorar a calidade dos froitos
  • Regular a frutificación cada ano
Esta entrada foi publicada en As nosas árbores. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *