Os nosos castiñeiros

Un pouquiño de historia

O Magosto é unha festa tradicional tan arraigada na cultura popular galega como as colleitas e a árbore responsable da mesma. Os castiñeiros forman parte esencial da paisaxe galega desde hai moitos séculos. Como tantas outras cousas, que dirían por aí, Galicia debe os seus castiñeiros aos romanos, que trouxeron unhas variedades de árbore máis produtivas que as autóctonas que se estenderon rapidamente pola rexión. Durante os séculos seguintes, a castaña adquire gran protagonismo no ciclo vital e económico das terras, tanto dos terratenientes –mosteiros e nobres– como dos seus arrendados. Aproveitados ao máximo –desde a madeira da árbore, ata o seu froito e os seus refugallos– esixíase a plantación de soutos nas terras e moitas rendas ou parte delas cobrábanse en castañas, tamén coñecidas como ‘o pan dos pobres’.

 

 

Esta entrada foi publicada en As nosas árbores. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *