Día Mundial da Reciclaxe

DÍA MUNDIAL DA RECICLAXE

As posibilidades de reciclaxe son moitas e necesarias para o medio ambiente. Esta xornada lémbranos que o exceso de refugallos é un perigo para a nosa saúde. Así que xa sabes, ponche en marcha e RECICLA!!

Papel, latas, briks, vidro e residuos orgánicos teñen o seu contedor correspondente e unha data no calendario para lembralos. Deste xeito, o 17 de maio constitúese o Día Internacional da Reciclaxe, para concienciar á poboación mundial da importancia que ten hoxe en día a reciclaxe.

Por exemplo, reciclar unha lata de aluminio pode aforrar un 90% da enerxía necesaria para facer unha nova, segundo datos do Ministerio de Medio Ambiente.

Por certo, os móbiles tamén se reciclan, o seu lugar é o contenedor do punto limpo.

Aprende a reciclar

Portal Redcicla

Esta entrada foi publicada en Hoxe celebramos, Reciclamos. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *