O carballo do noso colexio

O noso colexio ten arredor moita zona verde, con árbores, plantas, horto, charca… Xunto ao pavillón atopamos un gran carballo que vemos medrar de ano en ano e agora coa chegada da primavera estase enchendo de follas

 

MÁIS INFORMACIÓN

O Quercus robur L. coñécese normalmente como carballo común, carballo veriño, carballo bravo ou simplemente carballo.

O carballo é unha árbore anxiosperma da familia das fagáceas, caducifolia, que pode chegar aos 15-20 metros de altura. O carballo esténdese tanto por zonas de clima atlántico

en calquera tipo de terreo, tanto en chairas como en ladeiras rochosas, dende o nivel do mar ata os 1.000 metros de altitude.

É unha árbore robusta, que pode vivir varios séculos e acadar os 40 metros de altura.

Esta entrada foi publicada en As nosas árbores. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *