Recollida de tapas e tapóns

Os tapóns son plásticos moi valorados para ser reciclados ao estar compostos dun material de boa calidade e non estar tan contaminados. Ademais, ocupan menos espazo á hora de ser transportados dun lugar a outro. Por esta razón, existen distintas asociacións que recollen tapóns para poder financiar algunhas das súas iniciativas referentes ao sector da saúde.

No noso colexio levamos a cabo recollida de tapas e tapóns que aportan todas as familias, esta xa é a 2ª vez que o furgón de Deputación ven a recoller os mesmos.

Animádevos a reciclar!

Esta entrada foi publicada en Reciclamos. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *