Voz Natura xa se prepara para o próximo curso.

NOTICIA NA VOZ DE GALICIA

Dedicará o ciclo 2018-2019 á preservación e o coidado do monte galego, entendido como fonte de riqueza fundamental e eixo vertebrador da saúde ambiental, social e económica da comunidade. Os colexios que queiran participar poderán rexistrarse a partir do 1 de febreiro na páxina web www.voznatura.es, cumprimentando a inscrición no apartado «próxima edición». Aínda que o tema central é o monte, os centros educativos interesados tamén poderán presentar propostas e traballos de calquera tipo de actividade ambiental. Valoraranse especialmente aqueles traballos de acción directa, como recuperación de zonas degradadas, reciclaxe e desenvolvemento sustentable.

Esta entrada foi publicada en Actividades Voz Natura. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *