Celebramos o noso magosto

Despois de ter que aplazar a celebración do noso magosto por mor do mal tempo, o martes, 14 de novembro, despois do recreo, poidemos disfrutar desta festa tan arraigada no noso colexio.

Comezamos facendo un circuito de estacións de xogos, coordinados pola mestra de Educación Física, Eva Martínez:

Relevo de castañas, Petanca, Castañagolf, Culleradas de castañas, Castaña cega, Mariola, Comecastañas, Pescacastañas, Castaña Dance, Laberinto

O alumnado agrupouse en 10 equipos de 16 nenos e nenas cada un, de todas as idades e cursos. Os maiores axudaron aos máis pequenos e pequenas e pasaron unha xornada moi divertida e de moita cooperación entre eles.

Despois tivemos a degustación das castañas, como todos os anos asadas polo noso conserxe Enrique e coa colaboración especial do exprofesor do centro, Antonio Ferreiro.

Moitas grazas polo seu traballo ben feito!

Esta entrada foi publicada en Hoxe celebramos. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *