Os kiwis do noso colexio

Outro ano máis temos unha boa colleita de kiwis.

Os froitos do kiwi, en España e en cultivos profesionais, colléitase entre mediados de outubro e principios de novembro. O momento recomendado é cando o froito alcanza os 7 ou 8 graos Brix. Neste estado seguen estando un pouco agres e por tanto aínda non son comestibles, polo que hai que esperar a que no seu tacto sexa lixeiramente brando. En cultivos en hortos urbanos podemos ir colleitándoos de forma graduada segundo van madurando, gañando tamén en dulzor.

Se se colleitan nese estado semimaduros, estes froitos pódense almacenar no frigorífico para a súa conservación e ir sacándoos para regular a súa maduración.

Esta entrada foi publicada en As nosas árbores, Horto escolar. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *