Arde Galicia

Tamén nos interesa ler este artigo de blognatura

Estes días no noso colexio todo o alumnado, profesorado e persoal non docente estamos moi preocupados e disgustados por mor dos incendios que están queimando os nosos montes, parques, casas, industrias e o peor de todo levando vidas por diante.

É un tema de traballo nas aulas para reflexionar sobre as causas e loita contra os incendios e que se podería facer para non volver a ver queimar as nosas árbores.

Debuxos da aula de 1º de primaria que dan idea da sensibilización en contra dos incendios.

No curso 2011-2012 o noso centro participou en Voz Natura co proxecto XOGANDO A REFORESTAR. Unha das actividades que levamos a cabo foi axudar a reforestar o Concello de Vilariño de Conso, despois de sufrir un gran incendio.

Alí acudiu a profesora Rosa Rodríguez para axudarlles e fixo esta pequena reportaxe fotográfica.

Esta entrada foi publicada en Medio ambiente, Sin categoría. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *