Comezamos a campaña de recollida de tapas e tapóns

Dentro do proxecto de Voz Natura imos seguir levando a cabo a recollida de tapóns de recipientes de calquer produto (leite, suavizante, cacao, auga, tapas de tarrinas…) coa condición que leven o símbolo de reciclaxe coma os da imaxe.

Na entrada do colexio temos habilitadas unhas caixas para depositar os memos. Durante este curso temos previsto decorar este rincón para facelo máis atractivo. Xa vos iremos informando da súa transformación!

Con elo contribuímos a súa reciclaxe e o recadado irá destinado a algunha obra benéfica. Os encargados de recollelos é a asociación Banco de Tapóns de Lugo de El Progreso  en colaboración coa Deputación provincial.

 

Esta entrada foi publicada en Reciclamos. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *