Que ben o pasamos na Festa de Voz Natura!

Hoxe, luns 5 de xuño, é o Día Mundial do Medio ambiente.

Pero nos aínda estamos a disfrutar recordando o pasado sábado, 3 de xuño, día da FESTA DE VOZ NATURA, nela poidemos ver a gran exposición de traballos dos diferentes colexios; participar nos diferentes obradoiros que había ao longo do parque Acea de Ama, xogar no parque cos hinchables, en xeral disfrutar do ambiente de coordialidade e gran convivencia dos centros participantes…

Foi un día moi especial! no que tamén hai que felicitar a todo o equipo de VOZ NATURA pola extraordinaria organización e éxito de participación na 20ª edición desta gran xuntanza en pro do coidado do noso medioambiente.

No seguinte vídeo podemos ver un pequeno resumo

Esta entrada foi publicada en Actividades Especiais. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *