Vídeo para o concurso de VOZ NATURA

Xa temos preparado o vídeo para participar no concurso de vídeos medioambientais que convoca VOZ NATURA.

A base do mesmo é unha canción que vai contando todo o que se fixo no noso colexio para mellorar o Medio Ambiente e as actividades nas que traballamos para educar ao noso alumnado.

Recompilamos fotos antigas para amosar como era o entorno ao rematar as obras do colexio no ano 1986 e fotos actuais. Tamén hai fotos  do alumnado que foi pasando polo colexio e vídeos do alumnado actual: Infantil e Primaria.

  • A letra da canción foi escrita pola mestra Cristina Freán Lamela.
  • A música e a base instrumental creouna o exalumno Pedro Rodríguez Pérez.
  • A coreografía ensaiouna a mestra de Educación física Eva Martínez.
  • E todo o alumnado aprendeu a canción na aula de Música coa mestra Marta Pérez.

O resultado é o seguinte vídeo

 

 

Esta entrada foi publicada en Actividades Especiais. Garda a ligazón permanente.

Unha resposta a Vídeo para o concurso de VOZ NATURA

  1. avatar Angeles di:

    Noraboa a toda a comunidade educativa do CEIP “Antonio Pedrosa Latas” de Celeiro polo recoñecemento ao traballo realizado na procura dun futuro medioambiental sostible.
    Coa actitude correcta podemos facer un mundo mellor.
    Sen dubida,Voz Natura foi un excelente estímulo e así o pon en valor o premio concedido ao mellor blog tan ben levado pola profesora responsable Marta.
    Felicidades e moito ánimo para seguir cultivando esta parcela tan importante: A NATUREZA

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *