Celebramos o día da árbore e da auga

Hoxe celebramos o Día da Árbore que, por mor da choiva e o mal tempo, aplazamos dende a semana pasada.

O alumnado de infantil e 1º e 2º curso de primaria plantaron lavanda arredor do parque infantil.
3º curso repuxeron varias roseiras que secaron durante o inverno.
4º curso limparon e recuperaron as plantas das macetas do parque infantil.
5º e 6º curso plantaron o ameneiro que nos enviaron dende a Deputación de Lugo.

Ademais recitamos poemas e tamén estudamos as diferentes árbores e plantas que temos no noso Medio Ambiente.
Foi un día estupendo e aprendemos moitas cousas!!!
No seguinte vídeo podemos ver un resumo da actividade

Esta entrada foi publicada en Actividades Especiais, Hoxe celebramos, Medio ambiente. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *