Voz Natura abre o prazo de inscripción para o curso 2017-2018

O próximo curso chega coa novidade de que o tema concreto será a protección do patrimonio etnográfico. É dicir, o coidado dos espazos ambientais, incluíndo proxectos orientados a protexer bens materiais -fontes, lavadoiros, pontes, muíños, etc.- ou inmateriais como tradicións e costumes relacionadas coa natureza, mentres sexan representativas da cultura e modos de vida da nosa sociedade.

Para esta convocatoria o noso centro, xunto coa EEI San Roque de Viveiro, CEIP de Covas e CEIP de Galdo, imos presentar un proxecto en común para traballar sobre a tradición do MAIO no noso Concello.

As coordinadoras dos diferentes centros están a traballar no proxecto e o pouco que sabemos parece ser moi interesante, xa vos iremos contando!

 

Esta entrada foi publicada en Sin categoría. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *