Ábrese o plazo de presentación de proxectos para o curso 2017-2018.

Esta nova edición xa está en marcha, temos de prazo ata o 15 de marzo para presentar a nosa proposta e, no mes de xuño, faranse públicas as listas de admitidos. 

Nesta edición, Voz Natura dará especial protagonismo ás actividades relacionadas coa preservación e coidado do patrimonio etnográfico.Proponse aos participantes que, xunto con outras accións directas no medio, como a protección dos espazos naturais, inclúan nos seus proxectos propostas orientadas a protexer bens materiais (fontes, lavadoiros, pontes, muíños, etc.) ou inmateriais como tradicións e costumes relacionadas coa natureza e que sexan representativas da cultura e modos de vida da nosa sociedade.

Esta entrada foi publicada en Actividades Voz Natura. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *