Xornada de Educación Ambiental

Voz Natura repasa os seus 20 anos de vida nunha xornada de educación ambiental.

Coincidindo co Día Mundial da Educación Ambiental, que se celebrará o próximo 26 de xaneiro, Voz Natura celebrará unha xornada especial sobre este tema. A iniciativa vai dirixida aos profesores dos distintos centros educativos que se sumaron ao programa que desenvolve a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, e ten como obxectivo pór en valor os vinte anos de vida deste proxecto de coidado da natureza, así como dos logros que conseguiu neste tempo recuperando distintas contornas en toda Galicia.

No noso centro tamén levamos a cabo varias actividades de concienciación e educación ambiemtal:

  • Recordamos nas aulas a utilización dos diferentes colectores do lixo.
  • Concienciamos ao noso alumnado da importancia de reciclar.
  • Falamos do consumo responsable da auga.
  • Recollimos os kiwis e na aula de inglés elaboraron zume cos mesmos.
  • E moitas outras accións que nos levarían a conservar o noso medioambiente.

Esta entrada foi publicada en Actividades Especiais, Medio ambiente. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *