Actividade Extraescolar

Marcos Besada Álvarez, “O mestre labrego” e Inés López Pereiro, “A mestra cociñeira”, imparten a actividade extraescolar promovida pola ANPA: O HORTO ESCOLAR.

Con ela pretenden acadar a participación dinámica dos nenos e nenas para observar, dialogar, crear, investigar, experimentar, interpretar, formular as súas propias conxeturas e obter resultados como:

  • Estimulación da observación e da investigación.
  • Elevar e manter o interese e a curiosidade.
  • Confrontar e contrastar de xeito aberto e cordial as súas ideas e hipóteses.
  • Axuda a formular explicacións do observado.
  • Induce a deseñar actividades e proxectos propios.
  • Socialización polo traballo en equipo.
  • Contribuir ao desenvolvemento emocional saudable, que é inseparable do desenvolvemento intelectual e integral dos nenos e nenas.

En definitiva, motiva o aprendizaxe que se acada a través do gusto que senten as nenas e nenos ao descubrir feitos, principios e xeneralidades e comprobar fenómenos naturais por si mesmos para acadar aprendizaxes significativos.

Esta entrada foi publicada en Actividades Especiais, Horto escolar. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *