RECYCLING WORKSHOP

Luisa e Marta estiveron no colexio  para compartir o seu tempo ensinando aos alumnos de 5º e 6º curso como reutilizar bolsas de plástico de supermercado e papeis de revistas para elaborar bolsos e pulseiras. O seu traballo pódese seguir na páxina do  seu  FACEBOOK

Este obradoiro forma parte do proxecto:

“Que podemos facer para salvar o mar da contaminación”

Ao finalizar o mesmo entregámoslles un presente que consistía nun robot feito con materiais reciclados da

FACTORÍA DE ANDROIDES SÁTRAPA

 Dámoslles as gracias pois aprendemos moito e ademais intentaremos facer algún obxecto.

No blog de inglés podemos ver algunhas fotos:  The Lighthouse

Esta entrada foi publicada en Actividades Especiais, Medio ambiente. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *