Xa temos preparado o mural para a exposición en VOZ NATURA

Este curso estivemos traballando sobre as plantas invasoras e non autóctonas.

No noso horto medra  a Bidens aurea por iso eliximos esta planta para facer un estudo pormenorizado da súa procedencia (América Central), as súas propiedades (medicinal) e outras moitas cousas…

Todo o estudiado quedou recollido nun mural que imos mandar para a exposición de VOZ NATURA, na Festa de Fin de Curso.

Esta entrada foi publicada en Actividades Voz Natura. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *