A HORTA DE INVERNO

Semilleiro:

 

-Para o semilleiro misturamos 8 partes de turba con 2 partes de humus de lombriga nunha cuba ou capazo.

-Pódense usar bandexas de alveolos, caixas de poliexpán ou calquera recipiente que garde a calor e ahumidade.

-Encher os alveolos das bandexas con este sustrato que preparamos.

-Poñer unha semente por alveolo en bandexas, unha por cada variedade.

-Nesta época podemos sementar cebolas, coles, leitugas, porros e remolachas.

-Para regar, a poder ser, poñemos as bandexas (unhas horas ao día) nunha superficie cunha película de auga do grosor dun dedo. De non poder ser, ao regar hai que ter moito coidado có golpe da auga na terra xa que pode espallar á semente que aínda non brotara.

Esta entrada foi publicada en Horto escolar. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *