26 de Xaneiro, Día da Educación Ambiental

A Educación Ambiental é un proceso dinámico e participativo, que busca espertar na poboación unha conciencia que lle permita identificarse coa problemática ambiental tanto a nivel xeral (mundial), como a nivel específico (medio onde vive).

Tamén busca identificar as relacións de interacción e independencia que se dan entre a contorna (medio ambiental) e o home, así como tamén se preocupa por promover unha relación harmónica entre o medio natural e as actividades humanas a través do desenvolvemento sustentable, todo isto co fin de garantir o sostemento e calidade das xeracións actuais e futuras.

A Educación Ambiental, ademais de xerar unha conciencia e soluciones pertinentes aos problemas ambientais actuais causados por actividades humanas e os efectos da relación entre o home e o medio ambiente, é un mecanismo pedagóxico que ademais infunde a interacción que existe dentro dos ecosistemas.

Esta entrada foi publicada en Hoxe celebramos. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *