Imos participar no III Concurso de Vídeos VOZ NATURA

O noso centro acordou participar no Concurso de Vídeos que convoca VOZ NATURA. Despois da experiencia do curso pasado no que quedamos de segundos, moitas nais e pais anímannos a intentalo de novo.

Para o evento elaboramos o seguinte vídeo no que pretendemos contar en imaxes a historia do noso horto escolar e da labor tan importante na educación dos nosos alumnos.

Consulta aquí as BASES DE CONCURSO

A participación articúlase a través da páxina en Facebook do programa onde se poden consultar as bases do concurso e presentar os vídeos desde o 4 de maio ata o 22. A partir dese momento, abrirase un prazo de votacións públicas (ata o 3 de xuño) do que sairán os cinco finalistas. 

Esta entrada foi publicada en Sin categoría. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *