APRENDEMOS CON SOGAMA E CO SEPRONA

O martes, 28 de abril tivemos a oportunidade de contar con dúas

CHARLAS INFORMATIVAS

MOI INTERESANTES

SOGAMA 

Os Formadores Medioambientales Alba e Jorge proporcionaron aos nosos alumnos e alumnas, dende 1º a 6º curso, moita información dentro da campaña:

“Separemos ben, Reciclaremos mellor”

patrocinada pola Xunta de Galicia e os Sistemas Integrados de Xestión de Residuos: Ecoembes, Ecopilas, Ecovidro e SOGAMA.

Estas charlas forman parte das actividades que programamos ao longo do curso para seguir traballando a reciclaxe no colexio, nas casas e nas rúas.

SEPRONA

Hoxe estiveron dous Gardas Civís do SEPRONA: Iván Castosa González e Roberto Pérez Páramo

A Garda Civil regresa un curso máis ás aulas, da
man de Voz Natura, co obxectivo de previr os incendios forestais e
concienciar aos máis novos sobre o grave dano que o lume causa nos
ecosistemas.

Por cuarto ano consecutivo, os axentes do Servizo de
Protección da Natureza (Seprona)  informaron aos alumnos e alumnas, dende 1º a 6º curso, sobre a labor que desenvolven, deron consellos útiles sobre a prevención de
incendios e aclararon as dúbidas e curiosidades sobre o traballo de
protección medioambiental.

Esta entrada foi publicada en Medio ambiente, Reciclamos. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *