Día Mundial da Descontaminación Acústica

12 de xuño: Día Mundial da Descontaminación Acústica

Esta xornada trata de concienciar sobre a ameaza do ruído, un tipo de contaminación que pode pasar máis desapercibida, pero que pode afectar á saúde das persoas e ao medio ambiente a través da alteración dos ecosistemas. As cidades son, con todo, o gran foco da contaminación acústica.

O ruído presenta grandes diferenzas con respecto a outros contaminantes:

– É o contaminante máis barato de producir
– É complexo de medir e cuantificar
– Non deixa residuos no medio, pero si nos seres humanos
– Ten un radio de acción localizado

Máis información

Lei do Ruído

Esta entrada foi publicada en Hoxe celebramos. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *