Inspección do Río Landro

Na mañá do martes, 10 de xuño, e despois de aplazalo en tres ocasións por mor da choiva, os alumnos e alumnas do 3º ciclo, xuntos cos profesores Antonio, Tina e Marta, fumos cara o Val do Naseiro a inspeccionar o Río Landro no treito onde se leva a cabo a Romaría do Bo Xantar.

Paco Bañobre, da Asaciación Ecolóxica ADEGA, foi o encargado de guiarnos e ensinarnos todo o relacionado coa vexetación, flora e fauna dos ríos e concretamente a do Río Landro.

Recordamos o nome de moitas árbores que nacen ao pé dos ríos, dos insectos, aves, réptiles e demáis animais que habitan nestas augas.

Paco foi o encargado de meterse no río e recoller mostras de animais para logo nós poder observalas e clasificalas por familias; tamén analizamos o PH da auga, a temperatura…Unha vez vistas as características do Río Landro chegamos á conclusión de que está en moi bo estado.

Seguiremos aprendendo moitas cousas máis sobre os ríos e no vindeiro curso seguiremos inspeccionando o río para concienciarnos de que é necesario coidar a nosa natureza.

 VER O VÍDEO NESTE ENLACE

Esta entrada foi publicada en Medio ambiente, Ríos e praias en boas mans. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *