Unha noticia moi especial

 Os alumnos e alumnas do 3º ciclo, xunto coas profesoras Tina e Marta, fumos de Excursión de Fin de Curso a Ocero (LEÓN), os días 4, 5 e 6 de xuño, pasámolo moi ben!

Pero do que nesta entrada queremos informar é da visita tan especial que tivemos o mércores 4 de xuño. O director (José Manuel) e o secretario(Jose) do colexio PABLO VI-FÁTIMA de A Rúa (gañadores do concurso de Vídeos Voz Natura),  quixeron felicitarnos en persoa pola sana competición que tivemos ámbolos dous centros.

Felicitámonos mutuamente e démoslles as gracias pola súa visitan tan especial.

 

Esta entrada foi publicada en Actividades Especiais. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *