Día de la TIERRA

O Día Internacional da Nai Terra (Earth Day) celébrase todos os anos o 22 de Abril.

O Día da Terra é un día festivo celebrado en moitos países o 22 de Abril. O seu promotor, o senador estadounidense Gaylord Nelson, instaurou este día para crear unha conciencia común aos problemas da contaminación, a conservación da biodiversidade e outras preocupacións ambientais para protexer a Terra.

As Nacións Unidas recoñecen que a Terra e os seus ecosistemas son o fogar da humanidade, de igual xeito, están convencidas de que para alcanzar un xusto equilibrio entre as necesidades económicas, sociais e ambientais das xeracións presentes e futuras, é necesario promover a harmonía coa natureza e a Terra. É por isto que decidiron designar o 22 de Abril como o

“Día Internacional da Nai Terra”.

Esta entrada foi publicada en Hoxe celebramos. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *