Actividades dentro do Proxecto Ríos e Praias en boas mans

COMUNICADO PARA AS FAMILIAS

Queremos informarvos que para despois da Semana Santa, concretamente o mércores, 23 de abril, (SE O TEMPO O PERMITE) temos programadas unhas actividades (DENTRO DO HORARIO ESCOLAR) relacionadas co PROXECTO RÍOS:

·         TODO INFANTIL, 1º e 2º curso, saída ao SOUTA DA RETORTA.

Ese día traerán roupa cómoda para camiñar e a bolsiña ou mochila coa merenda.

·         3º e 4º curso, saída ao NACEMENTO DO RÍO LANDRO.

Deben traer calzado e roupa para camiñar, a merenda e tamén poden levar cámaras de fotos.

·         5º e 6º curso, levarán a cabo unha INSPECCIÓN NO RÍO LANDRO, concretamente a partir da explanada onde se leva a cabo a Romaría do Naseiro. Esta actividade estará guiada por un monitor (Paco Bañobre da Asociación ADEGA, colaboradores da Consellería de Educación para o Proxecto Ríos).

Tamén deben vir con calzado e roupa axeitada, a merenda e tamén poden levar cámaras de fotos, así como un caderno e bolígrafo para as anotación necesarias.

Esta entrada foi publicada en Actividades Especiais, Ríos e praias en boas mans. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *