Día Mundial da Enerxía

Segundo informes de Nacións Unidas, máis dun terzo da poboación mundial non ten acceso ás formas avanzadas de enerxía, e os 30 países máis desenvolvidos do planeta, que representan un 15% da poboación total, consomen máis do 60% destas formas avanzadas de enerxía, especialmente a electricidade e os combustibles líquidos e gaseosos.

Tomar conciencia sobre estas desigualdades e sobre a necesidade de facer un uso racional da enerxía, ademais de apostar polos métodos máis respectuosos co planeta convértense en bos obxectivos para esta conmemoración que se celebra cada ano o 14 de febreiro.

Esta entrada foi publicada en Enerxías Renovables, Medio ambiente. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *