As pereiras xa están en flor

Temos dúas pereiras  que xa están en flor.

A pereira ou pereira común (Pyrus communis, L.) é unha árbore da familia das rosáceas. O seu froito é a pera. O seu talo é algo curvado e reclinado. As ramas son bastante curtas e moi ramificadas.  A cortiza é escura, dividida e escamada en finas estrías e tiras verticais ou transversais. As follas son bastante delgadas, elípticas ou redondeadas, de 3-7 cm de lonxitude. As flores ábrense coa saída das follas. Chegan a medir 4 centímetros de lonxitude. O seu froito é a pera, duns 10 centímetros de lonxitude e case de igual grosor, en forma de xarrón.

Esta entrada foi publicada en Horto escolar, Medio ambiente. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *