Unha historia paso a paso…Metamorfose dun insecto,Bombyx mori

A Metamorfose!

BOMBYX MORI

O VERME DA SEDA…

En China coñécese estearte de criar

vermes de seda dendefai más de 5.000 anos

Lendachina

Conta a tradición que estaba a emperatriz Leizú tomando café debaixo dunha morera e caeulle un capsulo de seda dentro da taza. Leizú que tiña 14 anos ao tratar de sacalo,foi desenvolvéndoo e descubriu así o fío de seda. Logo,tivo a idea de xuntar varios para formar un fío máis gordo e tecer unha tea

MOREIRA-MORERA

A RUTA DA SEDA

O verme Bombyx mori e orixinario da China. Alí, foi primeiro unha industria da nobleza e logo a principal fonte de riqueza do país. Na antigüidade estaba fortemente penado o feito de sacar fóra do país os vermes , ovos e sementes de moreira .

Dende 600 anos antes da nosa era chegou esta arte a Xapón e máis tarde á India e Persia. Uns monxes gregos espallárona por Asia e África. No século XI establécense ligazóns comerciais entre Europa e China. Era a Ruta da Seda, non só guiada por intereses mercantís senón tamén polas culturas diferentes dos países que atravesaba e sobre todo polo misterio e sentido da aventura. Así chegou a Europa e de aquí foi a América na época colonial. Hoxe é coñecida en todo o mundo e aínda que son moitos os intentos de acadar as propiedades da seda por outros medios, non se atopou polo de agora, un fío da súa consistencia, duración, suavidade e capacidade de conserva-la temperatura do corpo.

A METAMORFOSE

É un ciclo biológico de desenvolvemento dalgúns animais.Dos ovos saenas larvas ou eirugas (ás que vulgarmente chamamos vermes).A súa única actividade é comer e comer,crecer e, facer unha envoltura de seda (casulo)no seu interiorformarase a pupa. Aí é onde se produce a transformación de eiruga a adulto,é decir, de verme a bolboreta.Tras o cambio, saen as bolboretas,emparéllanse e, prodúcese fecundación.A continuación,a femiapon ducias de ovos.

Observamos e seguimos a ruta da…

metamorfose dun insecto…

Nacaseta das ferrramentas do horto escolar,agachados nunca caixiña de madeira, tiñamos gardados os ovos da bolboreta da seda. Nos primeiros días de abril miramos se había algún mobemento…Certo,uns peliños mouros de 3mm parecían moberse buscando alimento. Asíempeza de novo a nosaaventura.

  • En primeiro lugar dirixímonos a MOREIRA,apenas tiña catro folliñas, pero para matarlles a fame dos recén nacidos foi un tesouro.

COMER,COMER…

Logo, viñeron as vacacións de Semana Santa e houbo que buscar reforzos para que os nosos vermiños non pasaran fame. Na praia de Silloe,(Vicedo) no merendeiro , hai unha gran moreira que nos axuda sempre a superar a falla de comida para os comenzos.

  • A volta das vacacións xa superaban os 10 días, os nenos sorprendéronse do crecidos que estaban.

Fan catro mudas, ata acadar o crecemento total.

A larva pasará por diferentes transformacións. A metamorfose é moi complexa. Ós seis días do nacemento, as larvas deixan de comer, quedan no sitio, levantan a cabeza e permanecen nesta posición 24 horas. A pel abre desde a cabeza e sae a larva, deixando esa muda que lle serviu ata ese momento. Este proceso de mudar a pel repítese tres veces máis ó longo da vida. Ós 25 días as larvas teñen 8 centímetros de longo e doce aneis; non paran de comer e eliminan moitos excrementos líquidos.

O único alimento que inxiren son as follas de moreira. Baixo da boca do “verme” está a trompa da seda, un orificio onde sae o fío. O alimento pasa ó esófago e alí recibe o líquido das glándulas salivares. A transformación continúa no estómago. As glándulas onde se acumula a seda son dous tubiños longos baixo do tubo dixestivo. De alí saen dous fíos que logo funden nun só que sae pola trompa da seda.

Unha última vista aos “vermes” xusto antes de poñerse a tecer a envolta que os vai cobixa

·Unha vez que a larva chega a madurez comenza a fabricación do envoltorio onde vai transformarse en bolboreta. Vai xirando a cabeza e creando unha estructura ovalada o seu redor. Pasados catro días a larva remata o vaciado das glándulas da seda, entón comenza o sono do que vai despertar ós vinte días xa coma unha bolboreta.

·É entón cando o macho busca parella. Morre pouco despois da fecundación. A femia morre logo da posta dos ovos

Fecundación

Volta a empezar

Esta entrada foi publicada en Actividades Especiais, Vermes de seda. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *