Un post de flora para José Antonio

Díxonos un paxariño que, cando os participantes en Voz Natura llo permitimos, un dos praceres de José Antonio é a Botánica. Por iso lle van dedicadas estas imaxes. Dúas viñeron de Babia, son dúas plantas de alta montaña endémicas nesa zona: o narciso asturiense (amarela) e a saxifraga babiana (branca), exclusiva do occidente da cordilleira Cantábrica (con ela, malia sernos cofirmada por un veciño da zona temos unha pequena dúbida sobre a súa identidade). A outra é o lirio da paixón, anos ha doado de atopar no Alto Salnés, hoxe xa non, que fotografamos perto das Médulas.

You can leave a response,or trackback from your own site.

Leave a Reply