Educación ambiental en Educación Física

Como podemos traballar  o medio ambiente desde a Educación Física?

Desde logo facendo actividades no entorno relacionadas coa orientación, mapas, percursos polo monte, exploracións nas que ademáis identifiquemos pegadas de animais.

Tamén ensinando hábitos alimenticios que fomenten o consumo de productos locais e, sobre todo, incidindo nas “tres erres” á hora de plantexar e desenvolver xogos.

Deixamos algunhas ideas no documento  “Xogos tradicionais do mundo”  que comparten desde o blog Gabieducación, especializado en Educación Físicae, sobre todo, na páxina xogostradicionais.galsen dúbida a mellor das páxinas de patrimonio lúdico galego.

 

Comenzar xogando desde o CEIP Pichel

Os blogs de Voz Natura están en marcha e a todo gas.

Para comenzar con forza neste ano,  os “ecopatrulleiros do Pichel” comparten co resto da comunidade en rede Blognatura desde Coristanco  un recurso estupendo, o xogo  Energy  da Axencia de Eficiencia Enerxética de Quebec, pertencente ao Ministerio de Recursos Naturais e da Fauna de Canadá. .

O xogo   invitan aos nenos e non tan nenos, a acompañar  ao protagonista por unha casa virtual premendo sobre os elementos que permitirán aforrar enerxía. Divertidísimo e moi didáctico.

Unha forma sinxela de introducir aos rapaces no tema e, de paso, axudalos a que descubran como usar a enerxía nos seus fogares dun xeito máis eficiente.

Só tedes que premer na imaxe para xogar:

Gracias ecopatrulleiros!

O XOGO DA FOLLA

Comenzan os calores da primavera e  xa aparecen noticias sobre incendios Ademáis das múltiples medidas que toman os organismos oficiais a  mellor prevención ven  dende a escola.
Animade aos vosos alumnos a que  xoguen   a esta versión do xogo da Oca online  ” El juego de La Hoja” para conciencialos da importancia de previlos e para que profundicen nas suas causas e efectos sobre a contorna.
O xogo  ten  duas opcións : xogar  en solitario  ou por parellas.
Insertade este vínculo nos vosos blogues e  levádeos al aula multimedia para que xoguen por parellas ou en solitario no ordenador da aula.

THE SPACE PLANET

Hoxe inaguramos esta nova categoría na que vos iremos deixando diferentes propostas de xogos relacionados co medio ambiente.

Gustaríache ter mellor tempo, salvar palabras de monstruosas gravitaciones ou ver como os satélites axudan a salvar animales?

Pincha na imaxe e…  A XOGAAAAR!!!!