Entradas etiquetadas como ‘Semana da Ciencia’

Semana da Ciencia 2018

martes, noviembre 6th, 2018

Comenzou onte a Semana da Ciencia que finalizará o 18 de novembro.

Un evento de divulgación científica e participación ciudadana que busca involucrar aos cidadáns na actividade científica e, sobre todo fomentar as vocacións científicas entre os rapaces e rapazas.

A comunidade docente de Voz Natura fai este labor durante todo o ano, achegando á ciencia ao alumnado dun xeito directo e manipulativo. Non só facendo multitude de experimentos en todos os niveis educativos, senon facendo entender aos rapaces a improtancia da ciencia e da tecnoloxía no desenvolvemento humano a través dos hortos escolares, das campañas de reciclaxe e aforro enerxético, da catalogación de flora e fauna, etc.

Para celebrar esta semana como se merece, convocamos desde aquí a tódolos blogues de Voz Natura a mostrar os seus traballos con actividades  diferenciadas por días como:

1- Cada día unha experiencia: Compostaxe, biodegradación, respiración das plantas, absorción de auga,…

2- A bioloxía qeu nos rodea: herbarios, museo virtual de cunchas, códigos QR nas especies arbóreas

3- O Cambio Climático: causas e consecuencias, o noso clima, precipitacións, acidificación das rías….

4- Ciencia cidadá: animarse a crear un proxecto aproveitando estes días.

5- Científicas galegas: facer unha exposición virtual ou no centro sobre a vida e obra de galegas científicas.

6- Elaboración de un xornal científico para tódalas edades.

7- A ciencia que conciencia: debates, campañas no corredor, etc

8- Visitamos as activiades propostas para estes días nos museos científicos.

9- Asistimos ao XXXI Congreso de ENCIGA en Lalín.

En fin, que temos centos de propostas para compartir e esperamos con ansia os comentarios onde nos deixedes as vosas propostas.

ojd