Entradas etiquetadas como ‘San Xoan’

Polo San Xoan a praia tes que limpar

Jueves, junio 22nd, 2017

Co final das clases celebramos unha das festas máis ligadas ao patrimonio etnográfico de Galicia.

Unha fonte de patrimonio inmaterial relacionado co ciclo da pesca,“Polo San Xoan a sardiña pinga o pan” , coa metereoloxía , “A auga de san Xoán, tolle o viño e non da pan.”, ou coas lendas:“En San Xoán, as bruxas fuxirán”. E falando de bruxas, que mellor traballo de botánica que facer un herbario coas herbas de San Xoan?

En fin, un festividade que é un tesouro para o lema de este ano en Voz Natura e unha oportunidade para ligalo a unha actividade divertida e necesaria  para este último día de aula: construir un refraneiro, tal como comenzamos co título de este post, en forma de rap onde a mansaxe vaia ligado á necesidade de limpar as praias antes de que a pleamar arrastre a desfeita que se fai habitualmente nas fogueiras.

Lembrade que este ano a pleamar chega as 4 da mañán a Riazor e podemos orixinar un desastre ambiental!

Animade aos rapaces a que sexan verdadeiros patrulleiros de Voz Natura e conciencen aos compañeiros de limpar as praias.

 

 

Despedir o curso con un concurso de ideas para un San Xoan ecolóxico

Miércoles, junio 22nd, 2016

Praia de Riazor despois da festa de San Xoan

A festa de San Xoan constituén unha das tradicións máis arragaidas en Galicia. Ainda que na actualidade é unha festa cristiana os seus orixes se remontan ao rito pagano da celebración do soslsticio de verán. A tradición manda facer lumeradas  cuia finalidade era, por unha parte,   “dar máis forza ao sol”, que a partir de ese dia vai facéndose máis “débil” ( días máis cortos até o solsticio de invierno)  e , por outra, someterse a acción simbólicamnte “purificadora” do lume nas persoas que o contemplan ou saltan por riba das brasas.

Unha tradición que non é todo o ecolóxica que debería e para a que diversos concellos están introducindo outras propostas que eviten  a queima de colchóns, plásticos etc así como a excesiva pirotecnia ou número  tamaño  e control das cacharelas. Por non falar  da cantidade  de refugallos que tamén  provocan un impacto grande no medio

Coincidindo co último día de curso e a modo de reflexión final nunha celebración que conta coa participación activa da xuventude porque non aproveitar esta última clase para que propoñan solucións e se enfrenten a un compromiso ecolóxico que “lles toca ” o corazón e no que se mesturan e enfrentan  tradicións, diversión e conciencia ecolóxica?

ojd