Entradas etiquetadas como ‘Samaín’

Recursos didácticos Samaín 2018

martes, octubre 30th, 2018

Como tódolos anos dedicamos un post aos recursos para Samaín.

Visitamos lugares clásicos como o recopilatorio do CEIP Pintor Laxeiro ou os materiais do Equipo de Normalización lingüística do CEIP Galán que este ano desenvolveu unha fantástica unidade didáctica unidade didáctica sobre o tema.

Petamos na porta da bruxa Wanda  e incorporamos aos nosos blogues distintos webmix sobre o Samaín 

Pero o máis importante queda en espera: agardamos que os compañeiros do CPR Cervantes en Lugo nos envíen imaxes dos talleres que realizan entre estapas educativa e no centro da terceira edade Orpea. E tamén invetigaremos sobre as misteriosas cabazas de luz laranxa que alumean no CEIP de Palmeira en Ribeira.

Finalizamos cun Libro Interactivo Multimedia sobre o Samaín. Premede ana imaxe para comenzar a xogar.

 

E non vos esquezades de compartir o voso Samaín nas páxinas dos blogues e deixádenos o link en Blognatura para que compartamos.

Coñecendo a Rafael Lopez Loureiro

jueves, octubre 20th, 2016

 O Samhain [/ˈsˠəu̯nʲ/] , ou “Fin do verán” en gaélico,  servía como celebración do final da colleita e era considerada como o “Ano Novo     Celta “, xa que o  calendario celta comezaba  o ano na chamada  “mitade escura ” (lunación octubre-novembro),  e outra clara (lunación abril-maio).

Un maestro galego, Rafael López Loureiro,  de Cedeira (A Coruña)  desenvolveu un profundo traballo de investigación que recolleu no seu libro “Caliveras de melón” , no que elata que esta tradición existía por toda Galicia hasta fai, mais ou menos, cuarenta anos.

O  autor, tamén fixo un gran traballo de divulgación por escolas e asociacións (a primeira creouse en Cedeira fai 25 anos),e,  hoxe en día, constitúe unha festividade tradicional nas escolas, sobre todo nas que participan no programa Voz Natura, quizáis pola sensibilidade co medio natural.

Tódolos anos visitamos a páxina de Asunción García ,a web de Norberto, para acceder a recursos para Infantil e Primaria.

Como recursos TIC poden ser intersantes os escenarios interactivos de Lola Pirindola,  ou a aplicación Happy Hallowen creada por Ascensión Tello.

Por último, e á espera de que nos deixedes outras actividades e recursos nos comentarios de este post, recomendamos unha actividade interesante para traballar no último ciclo de Primaria e en ESO: elaborar actividades a partir  do contido deesta entrevista a López Loureiro.

esta interesante entrevista a López Loureiro .

Quen se anima a facer unha webquest ou miniquest?

Contádenos o que facedes!!

Un Samaín terroríficamente divertido, desde o Cole de Armenteira

martes, noviembre 3rd, 2015

A pasada semana o cole da Armenteira invadiuse de pantasmas, arañas, morcegos, castelos encantados, bruxas… e mesmo dunha fantástica exposición de escalofriantes cabazas.
Para celebrar o Samaín desenvolveron obradoiros de maquillaxe e bisutería e viron pequenas películas de medo.  Para rematar a festa, fnalizaron con  actuacións musicais e a entrega de premios do concurso de cabazas.

Premede na imaxe para compartir a súa ledicia!

Captura de pantalla 2015-11-03 a las 9.04.16

Celebramos o Samaín en Voz Natura

jueves, octubre 29th, 2015

Cómo tódolos anos, chegou o tempo do Samaín, que este ano ven molladiño.

Blog Natura ven publicando anualmente una serie de recursos na rede que complementan o traballo que os centros estades facendo nas aulas, aos que podedes acceder desde esta ligazón.

Este ano, seguimos renovando a Biblioteca BlogNatura cos recursos dos centros CEIP Galán, de Oseiro-Arteixo e CEIP Milladoiro, de Malpica de Bergantiños, que comparten desde a Coordinadora Galega de equipos de normalización e dinamización lingüística, e xa estamos esperando as vosas contribucións ao blog para mostrar os vosos traballos.

Lembrade, só tedes que deixar o link nos comentarios de calquera post e os publicamos para compartir con toda a comunidade de blogs de Voz Natura!

Este ano até do ceo traénnos imaxes para celebralo. «A Gran Calabaza» («The Great Pumpkin», en inglés), é o apodo do  asteroide 2015 TB145  que pasará preto da Terra en estes días.  Tierra. Será, o  corpo  máis grande que pase a tan pouca distancia  da Terra desde fai moito tempo. Por sorte non supón ningún peligro para a humanidade.

grancalabaza

Así que xa sabedes: A ceelbralo como merece e a compartilo con todos os compañeiros!!

Para saber maís

 

Preparando o Samaín

jueves, octubre 23rd, 2014

Samaín,  significa  en gaélico,  fin do verán, principio do inverno. Unha data moi importante na antiga cultura céltica, especialmente a a noite do 31 de outubro.

Nesa noite, se reunían no camposanto para comer o porco do samáin co medo no corpo, pois as ánimas do outro mundo ameazaban con vin render contas aos moradores do mundo dos vivos. Para afastalas,  os guerreiros poñían nas murallas ou encastradas nas paredes as caveiras iluminadas dos enemigos mortos na batalla, que, pouco a pouco, fóronse substituindo por cabazas.

En Galicia recuperouse esta tradición desde fai más de 15 anos como Samaín, ainda que estaba implícita en tradicións como os calacús ( Rías Baixas), caveiras de melón en Cedeira, colondros en Ourense…

Para saber máis sobre o Samaín, visita Vieiros na Escola ou a fantástica páxina do CEIP de Palmeira.

Aproveitamos para deixarvos tres directorios de  recursos para o Samaín, que van deixar sen cabazas os vosos hortos ecolóxicos!!

Recursos para o Samaín de Mª Asunción García Álvarez.

Os fantásticos recursos dos nosos amigos de Peques Reboreda

Samaín  na web de Norberto

 

 

 

O samaín en Alternactívate

jueves, octubre 10th, 2013

 

bruxiña

Como falta moi pouquiño para celebrar o Samaín, estamos facendo adornos terroríficos para decorar o cole. O primeiro que fixemos foi esta bruxiña utilizando materiais de refugallo como: botes de actimel, lápices vellos, caciños do leite dos bebés, restos de papel de seda de varias cores, lazos, etc.

 

 

A continuación vos explicamos todo o proceso:

 

1º) Pegamos con alkyl, trociños de papel de seda negro e rosa ou laranxa nun bote de actimel.

 

 

 

 

2º) Cun caciño do leite de bebés facemos a cabeza da bruxa pegándolle os 2 olliños, un mechón de cabelo feito con rafia e debuxándolle con rotulador permanente a boca.

 

 

 

 

 

 

3º) Recortamos un círculo e un triángulo de cartolina negra para facer o pucho e, despois botámoslle purpurina para que brile moito.
4º) A mestra une o pucho á cabeza e a cabeza ao corpo utilizando silicona quente. Tamén lle coloca un lazo no pescozo para disimular a unión.
5º) Por último facemos a vasoira reciclando lápices vellos e papel de seda amarelo. Cortan unha tira de papel de seda con flecos e a enroscan no lápis. Cando está terminada pegase ao corpo da bruxa.
Así de contentos estabamos todos coa nosa bruxiña:

Tempo do Samaín nos blogs de Voz Natura

lunes, octubre 29th, 2012

Ola a toda a comunidade Voz Natura,

desde a casa central queremos que nos axudedes a construir unha verdadeira biblioteca de recursos para celebracións  especiais relacionadas coa natureza e, por suposto co Ano Internacional da Enerxía Sostible. Iremos etiquetándoas co nome do evento para que vos resulten máis doadas de atopar para os próximos anos.

Aproveitando a cercanía do Samaín recopilamos algúns sites interesantes:

  1. Recursos para aplicar directamente na aula. desde a Biblioteca Mestres Goldar
  2. Galerías de imaxes, poemas, recetas, actividades CLIC..todo desde o CEIP Antonio Pedrosa Latas de Viveiro.
  3. Webquest, historia do Samaín, UDD, xogos, cancións… desde a web de Norberto.
  4. Que nos recomendades? Esperamos as vosa aportacións.

E non todo todo van  ser links, tamén nos gustaría compartir  experiencias como esta que  compartimos  desde a Escola de Casalaonga, onde os “Pingococos Científicos” aproveitando que  están  a traballar o proxecto do corpo humano, utilizan diferentes partes do corpo para facer pantasmas e morcegos de Samaín.

embedded by Embedded Video

ojd