Entradas etiquetadas como ‘roteiros fotográficos’

Patrimoniando ando

martes, noviembre 28th, 2017

Para celebrar o Día Internacional do Patrimonio, os alumnos e alumnas do CEIP Plurilingüe Profesor Albino Núñez saíron coas cámaras e móbiles nas mans para fotografiar carballeiras, pazos, igrexas, cruceiros, muiños, fontes….  nun roteiro fotográfico. Para compartilo coa comunidade Voz Natura, utilizaron o blog para a exposición virtual que podedes ver neste link e da que vos deixamos unha mostra.

blognatura muiños

Muiños en Puxín.

Unha actividade sinxela pero cargada de contido que logo se pode aproveitar durante muito tempo nas aulas e da que poden sair outras actividades complenentarias relacionadas con Bioloxía, Xeoloxía e Arte. E como non, unha fantástica oportunidade para que os rapaces comencen a manexar os blogs deixando comentarios das imaxes no blog da escola “Auga, pedra, sabedoría e terra”.

Parabéns pola iniciativa!

ojd