Entradas etiquetadas como ‘recursos didácticas’

Contra a barbarie ambiental, educación.

Martes, octubre 17th, 2017

Fotógrafo: OSCAR VÁZQUEZ

Horror, barbarie, … sobran palabras para definir o inexplicable. Desde Blognatura  só queremos mostrar o apoio as familias das víctimas e dos afectados e seguir facendo o que o programa  Voz Natura da Fundación Santiago Rey  ven facendo desde hai máis de 20 anos: invertir na educación ambiental como arma de construcción masiva.

Cos programas de sempre, como as accións formativas do SEPRONA aos centros escolares,  a gran procentaxe de edicións referidas á conservación dos bosques e a loita contra incendios, e os centos de publicacións sobre incendios nos blogues do programa, como esta interesante entrevista ao presidente da Sociedade Galega de Historia Natural publicada na bitácora do Colexio Balmes, que hoxe mais que nunca da arrepíos.

Creemos que é un momento que non podemos deixar pasar para traballar á importancia da biodiversidade ambiental, do cuidado do medio e, sobre todo, de esta lacra terrible que nos asola por enésima vez e con mais foza que nunca que son os incendios.

Como recursos xa feitos e esperando ás vosas propostas de aula compartimos estes recursos segmentados por etapas:

INFANTIL E PRIMARIA

1-Un traballo de investigación, a webquest sobre incendios “Salvemos o monte” para Primaria de Isabel Álvarez Vázquez e Xosé Antón Vicente Rodríguez do CEIP O PIÑEIRIÑO  no que se invita aos rapaces a facer unha campaña publicitaria por zonas da poboación divididos en grupos de tres, onde adoitan o papel de biólogo ou educador mediambiental, un responsable político e un axente forestal. Para conseguir o producto final os rapeces e rapazas terán que investigar medidas de prevención e autoprotección, as leis actuais do monte e propostas para rematar cos incendios.

2-Unidade didáctica “Non queimes o futuro”  publicada por Medio Rural da Consellería de Medio Ambiente.

3- As actividades Scrath elaboradas polos alumnos e alumnas  do I.E.S. Daviña Rey e do CPI Suárez Marquie  dentro do proxecto Monte sin lume.

ESO E BACHARELATO

1- Visualización do mapa de incendios para Galicia e Portugal suministrado polo  sensor MODIS capaz de ver as radiaciónss infravermellas emitidas polos incendios na superficie terrestre.

2- Debate a partir da actividade “Ataque incendiario y mortal a Galicia”  da Noticia do Día de Prensa Escuela.

3- Animación flash sobre propagación, combustibles e topografía para entender como funciona un incendio da páxina de educación do Goberno de Canarias. Moi visual.

E por último a serie de materiais do CENEAM para todos os niveis escolares (6-16): “Evita el fuego… la diversidad es vida”

 

 

Guardar

Guardar

Guardar

ojd