Nunca Máis na Escola Infantil de Barrionovo

O venres 29 de novembro, a biblioBN do EEI Barrionovo acolleu o EncontXo de Nunca Máis, para sensibilizar ao alumnado na protección das costas

Un post que vos convidamos a visitar  e que nos anima , ademáis de pola súa excelente fundamentación didáctica, a integrar animacións propias nas bitácoras de aula: Animoto, Stop Motion, edición de imaxes…

Un día máis tarde, o EEI Bairronovo, presentou o seu traballo sobre Prehistoria nas II Xornadas  educaBarrié de Patrimonio  en Infantil 0-6 e a profesora, María Pousa, aproveitou para comentar  os traballos que están desenvolvendo este ano baixo o lema “Arteixo e o Mar”.

 

 

Prestige: Unha catástrofe sin culpables

Onte saíu a resolución xudicial do caso Prestige, sin ningunha conclusión clara das causas e dos culpables. Por encima de vacíos legais, que deixan impune a maior traxedia mediambiental de Galicia, está unha resposta da cidadanía que, no seu momento movilizou á sociedade e deu unha lección de solidariedade ao mundo enteiro.

Os blogs de Voz Natura, convertíronse, durante aquel ano, nun monográfico do Prestige e publicáronse centos de traballos escolares e científicos. Entre eles, o de Victor Urgorri, catedrático de Zooloxía Mariña da USC e o de Antonio Figueras profesor do Instituto de Investigacións Mariñas  do CSIC de Vigo recollidos na publicación “Voz Natura, diez años de compromiso medioambiental” e que hoxe, máis que nunca, recomendamos como lectura nas aulas para responder, coas palabras da ciencia, ao que nunca máis pode voltar a acontecer.

Animámosvos a compartir as vosas  publicacións sobre o Prestige nos comentarios deste post.