Entradas etiquetadas como ‘praias’

Polo San Xoan a praia tes que limpar

jueves, junio 22nd, 2017

Co final das clases celebramos unha das festas máis ligadas ao patrimonio etnográfico de Galicia.

Unha fonte de patrimonio inmaterial relacionado co ciclo da pesca,“Polo San Xoan a sardiña pinga o pan” , coa metereoloxía , “A auga de san Xoán, tolle o viño e non da pan.”, ou coas lendas:“En San Xoán, as bruxas fuxirán”. E falando de bruxas, que mellor traballo de botánica que facer un herbario coas herbas de San Xoan?

En fin, un festividade que é un tesouro para o lema de este ano en Voz Natura e unha oportunidade para ligalo a unha actividade divertida e necesaria  para este último día de aula: construir un refraneiro, tal como comenzamos co título de este post, en forma de rap onde a mansaxe vaia ligado á necesidade de limpar as praias antes de que a pleamar arrastre a desfeita que se fai habitualmente nas fogueiras.

Lembrade que este ano a pleamar chega as 4 da mañán a Riazor e podemos orixinar un desastre ambiental!

Animade aos rapaces a que sexan verdadeiros patrulleiros de Voz Natura e conciencen aos compañeiros de limpar as praias.

 

 

ojd