Mañán celébrase o Día Internacional do Patrimonio Mundial.
España é o terceiro país con más bens de patrimonio nomeados pola UNESCO, polo que a data celébrase coa entrada libre aos museos nacionais, entre outros actos.
Desde o Parque Nacional de Ordesa a a Alhambra, pasando pola nosa benquerida Torre de Hércules, na actualidade hai 46 espazos españois inscritos na lista da UNESCO, 40 son culturais, catro naturais e dous mixtos.
A lista completa de bens pode consultarse en whc.unesco.org/en/statesparties/es
Respecto ao patrimonio inmaterial se atopa o flamenco, a dieta mediterránea, o silbo gomero, os castells ou o último inscrito, a cidade califal de Medina Azahara.
En Galicia contamos con catro entidades distinguidas pola Unesco como Patrimonio da Humanidade: o casco histórico de Santiago e a catedral, o Camiño de Santiago, a muralla romana de Lugo e a Torre de Hércules na Coruña.
Tamén recoñece áreas de protección como Reservas da Biosfera. Aas Mariñas coruñesas e Terras do Mandeo, Terras do Miño, Allariz, Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerrea, Río Eo, Oscos e Terras de Burón e o Parque Natural Gerês-Xurés.
Pero ainda queda muito por reivindicar: o baile tradicional, Ferrol da Ilustración, Ribeira Sacra…
Desde Blognatura convidámosvos a que levedes ao blog unha campaña de reivindicación de bens patrimonios que queredes que a UNESCO distinga.