Entradas etiquetadas como ‘Natal’

Por un Nadal responsable

martes, diciembre 6th, 2016

O Natal é un momento de alegría e, como o seu nome indica de “nacimento”. Por que non profundizar neste significado desde unha perspectiva ambientalista e comenzar favorecendo un Natal responsable? Responsable co entorno, co planeta, coa humanidade…

Comenzamos con unha lista de ideas que agradecemos enormemente que completedes nos comentarios:

  • Reutilizando os adornos natalicios do ano pasado para decorar as aulas doutros xeitos.
  • Favorecendo a reutilización de xoguetes, ben para regalar a outros que os necesitan, ben para darlles novas formas e que os nenos de emocionen de novo en eles. Que tal un hospital de bonecos?
  • Enviando unha carta desde a clase ao Concello para que reduzcan o consumo de enerxía nos adornos das rúas.
  • Invitando aos rapaces a que traigan materias de refugallo das suas casas e que os leven de volta convertidos en fantásticos adornos navideños.
  • Fomentando a solidariedade escribindo cartas de reis para os nenos e nenas dos campos de refuxiados en Europa e outras partes do mundo.
  • Sumarse a unha campaña solidaria, como ONG Solidary Kids o Reyes Magos de Verdad, entre outras muitas.
  • Comprando presentes e alimentos de Natal en tendas de comercio xusto.
  • ….

Axudádesnos a completar a lista?

 

Un Natal sostible

martes, diciembre 18th, 2012

O Natal e a época do ano en que máis residuos xeramos , a data onde se dispara o consumo eléctrico  nas casas e nas rúas e o momento en que practicamos un consumo pouco sostible.

Os blogfesores e blogfesoras de Voz Natura sodes conscientes de este problema e unha boa mostra son as accións que levades a cabo estes días nas escolas…pero…Cal é o impacto destas accións fora da aula? Podemos desenvolver unha campaña en prol da sostibilidade e a eficiencia e aforto enerxético desde os blogs? SEGURO QUE Sí!!

Substituir os adornos luminosos por outros feitos con materuial de refugallo, animar aos concellos a que iluminen só de forma testimonial, incluir na lista de regalos aqueles que non consuman pilas e estén feitos con materiais biodegradables, animarse a pedir xoguetes relacionados coa eficencia enerxética ( xogos medioambientais, robots con enerxía solar, … até un muiño eólico no portal de Belén como marca testimonial das intencións para o novo ano!!

Para compartir e dar máis difusión ao evento animámosvos  a que nos deixedes, a modo de prenda de Natal, un link nos comentaros deste post coas imaxes e vídeos do Natal ecolóxico que estades a desenvolver.

Como mostra do traballo que facedes e que deberiades compartir,  un vídeo do Natal pasado no CRA Nosa Sra do Faro en Ponteceso , onde os alumnos  reforestaron os patios coas árbores de Natal.

Unha idea excelente para replicar en tódolos centros Voz Natura.

embedded by Embedded Video

vimeo Direkt

Navidades Forestales

viernes, diciembre 23rd, 2011

Navidades Forestales

embedded by Embedded Video

Panxoliña por "Fuxan os Ventos" do seu álbum "Galicia Canta o Neno"

ojd